IniciosociedadeO PSOE de Foz tacha o anteproxecto da depuradora de "decepcionante" e...

O PSOE de Foz tacha o anteproxecto da depuradora de “decepcionante” e di que a obra “podería ser inviable”

Os socialistas alertan de posibles prexuízos medioambientais nas praias de Llas e Peizás e na ría e critican que non se inclúa "a separación de fecais e pluviais" na rede de saneamento

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Foz cualifica o anteproxecto da nova depuradora, sometido a información pública pola Xunta de Galicia a finais do pasado mes de febreiro, como “decepcionante” e “falto de rigor”. Os socialistas aseguran que a execución da obra podería ser “inviable” tal e como está contemplada no documento.

O grupo municipal do PSOE cre que o anteproxecto da Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar) “non vai solucionar algúns dos problemas de sempre, senón que tamén vai crear outros novos”.

O candidato dos socialistas á alcaldía de Foz, Fran Cajoto, lamenta que o documento “non contempla actuar sobre a rede de saneamento de Foz, que é unitaria, polo que as augas fecais continuarán estando mesturadas coas pluviais”.

VERTIDOS Á RÍA

No tocante ao tanque de tormentas e bombeo do peirao, proxectado na zona onde se sitúa a actual depuradora, os socialistas subliñan que “o proxecto estima que ata nove veces ao ano en episodios de choivas as augas fecais verterán directamente á ría de Foz”, considerada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).

Cajoto expón que no anteproxecto “non se marca o aliviadoiro á ría”, polo que dubida “de que a tramitación sexa correcta, tal e como aconteceu no 2016”, cando a declaración de impacto ambiental foi negativa.

CASCO HISTÓRICO

O PSOE focego alerta de que “a tubaxe de impulsión discorre por varias rúas do casco histórico de Foz e non se marca posición e cota das conducións e dos servizos que existen actualmente. Esta indefinición e falta de estudo podería provocar que o proxecto fose inviable na súa execución”, advirten.

PRAIAS DE LLAS E PEIZÁS

No tocante aos bombeos da praia de Llas, o proxecto contempla “que ata en dez episodios de choivas -un en Llas 1 e oito en Llas 2- as augas fecais vertan directamente ao areal, sen depuración”, o que a xuízo dos socialistas podería costar “que non se conte con distintivos de calidade como a bandeira azul, que xa non ondeou no verán de 2018”.

Cajoto alerta de que na zona da praia de Peizás, onde se contempla o vertido de augas depuradas, podería acontecer algo similar e prexudicar a calidade da auga. O candidato socialista explica que o anteproxecto deseña “un emisario mariño para que a carga se verta dunha forma máis dispersa ante o posible fallo da depuradora”.

O alcaldable do PSOE focego remarca que se trata “dun punto moi sensible e un dos lugares máis singulares do municipio”.

EDAR

No tocante á depuradora de Froxán, Cajoto solicita que se habilite “unha planta de desodorización con tratamentos biolóxicos e carbón activo, e non só un secador de fangos”, e que se teña en conta o impacto do ruído nas vivendas.

ALEGACIÓNS

Os socialistas conclúen que a aprobación do anteproxecto suporía “perder unha oportunidade de ter unha depuración de augas fecais moderna e eficaz” e insta ao goberno local a “presentar alegacións” para que o investimento anunciado “sexa realmente positivo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...