A Xunta licita en 525.000 euros a dragaxe de Mirasol e da dársena do Náutico de Ribadeo

A obra, coa que o Goberno galego quere garantir un calado de catro metros no porto comercial e de tres no peirao deportivo, ten un prazo de execución de tres meses

Zona portuaria de Ribadeo. AXM

A Xunta de Galicia vén de publicar a licitación da obra de dragaxe que se desenvolverá no porto comercial de Mirasol e na bocana da dársena náutica de Ribadeo.

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, destinará para esta fin un orzamento de 525.656 euros para unha obra que conta cun prazo de execución de tres meses.

Segundo expón o Goberno autonómico, a dragaxe “permitirá incrementar o calado e operatividade de ambas instalacións”.

No que respecta ao peirao comercial de Mirasol, o obxectivo da Xunta é “conseguir un calado mínimo de catro metros e para iso prevese a draga nunha superficie aproximada de 26.000 metros cúbicos e 17.000 metros cadrados”.

Pola súa banda, a zona de dragado da bocana náutica deportiva céntrase nas zonas próximas aos pantaláns e nunha superficie de 2.300 metros cadrados e 2.000 metros cúbicos. A previsión e que se garanta un calado de tres metros.

PRESENTACIÓN DE OFERTAS

Portos de Galicia concede ás empresas interesadas en executar estas actuacións un prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro 3 de abril.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here