IniciosociedadeCC OO recoñece os valores de "igualdade e solidaridade" de Melchor Roel

CC OO recoñece os valores de “igualdade e solidaridade” de Melchor Roel

O ex alcalde de Viveiro, finado en 2013, foi un dos tres sindicalistas recoñecidos en Ferrol co premio 10 de marzo

Publicada o

A viúva de Melchor Roel, Carmen López Saavedra, recolleu este domingo unha escultura que simboliza o recoñecemento de Comisións Obreiras (CC OO) ao ex alcalde de Viveiro, falecido no 2013, pola súa labor sindical.
Rexedor do municipio viveirense entre 2003 e 2013, Roel foi distinguido nun acto celebrado en Ferrol que contou coa presenza do secretario xeral de CC OO en Galicia, Ramón Sarmiento, e da subdelegada de Goberno central en Lugo, Isabel Rodríguez.
Os premios 10 de marzo que concede Comisións Obreiras coinciden coa festividade do Día da Clase Obreira galega, con motivo do cabodano do asasinato dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla.
Os outros premiados nesta edición dos galardóns 10 de marzo de CCOO foron Hortensia Álvarez Folgar e Xan López Facal.

“MOI MERECIDO”

López Saavedra agradeceu o tributo no nome da familia de Roel, mentres que Rodríguez destacou que se trata dun recoñecemento “moi merecido” pola súa traxectoria vital, sindical e política, na que sempre se significou pola súa defensa dos valores da “igualdade e a solidariedade“.

- Advertisement -

No acto tamén tomaron parte os alcaldes de Viveiro, María Loureiro, e de Ferrol, Jorge Suárez, ademais dos dirixentes do sindicato Unai Sordo, secretario xeral da Confederación Sindical de CCOO; e Aurea Vázquez, secretaria xeral da Unión Comarcal de Ferrol.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...