A Mariña Lucense estará este martes, 12 de marzo, en aviso amarelo por ventos fortes que poden superar os 80 quilómetros por hora.
A advertencia amarela, que alude a un primeiro grao de perigosidade, durará unhas tres horas. O aviso activarase ás 9.00 horas e pecharase sobre as 12.00.
O fenómeno meteorolóxico adverso por vento, segundo o boletín publicado por Meteogalicia, corresponderase cunha borrasca fonda localizada ao norte das Illas Británicas que deixará refachos fortes de aire durante a mañá.
NA CORUÑA, TEMPORAL COSTEIRO
Nas mesmas horas, haberá aviso amarelo no noroeste da provincia da Coruña por vento no mar do suroeste forza sete.