EFE. A Mariña Lucense estará en alerta de nivel laranxa -a segunda dun nivel de tres- este mércores por temporal costeiro, segundo advertiu a Xunta de Galicia, con ondas de ata seis metros.
A axencia meteorolóxica pública Aemet prognostica desde o mediodía, cando se activará o aviso laranxa, mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros.
Con todo, a petición de precaución comezará na madrugada do mércores. Durante as primeiras horas do día 13 ficará activa a advertencia amarela.
SUSPENSIÓN DA PESCA
A Xunta de Galicia aconsella “suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas” e recomenda “extremar as medidas de seguridade” nas actividades marítimas e “revisar cabos e amarres de embarcacións”.
Do mesmo xeito, desaconsella á poboación acceder ás proximidades de zonas marítimas de risco, especialmente portos ou diques, susceptibles de recibir o impacto da forte ondada.