Un curso axudará á integración dos inmigrantes en Burela

Gómez, co presidente de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca. AXM

A Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela impulsará un curso formativo para axudar á integración da poboación inmigrante residente na localidade. O obradoiro terá unha duración de 50 horas e será impartido do 7 ao 25 de xuño.

Os interesados en participar nesta actividade, financiada pola Consellería de Política Social e polo Fondo Social Europeo, poden anotarse chamando ao teléfono 982.58.06.09.

OBXECTIVOS

A concelleira de inmigración, Angelica Gómez, explica que se trata trátase dun curso de coidados básicos para atención a aquelas persoas estranxeiras que queiran aprender nocións básicas sobre as habilidades e competencias necesarias para o benestar infantil, promocionar hábitos e rutinas saudables para os mesmos, así como fomentar relacións socio familiares estables e axeitadas”

Persoas de máis de 40 países diferentes conviven en Burela, segundo os datos que manexa o goberno local.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here