O alumnado de primaria do CEIP Península da Paz de San Cibrao participou nunha saída de campo a cargo de biólogos de Maremasma para descubrir o ecosistema do ourizo de mar.
A actividade, organizada pola delegación de medio ambiente do Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Nais e Pais (Anpa) do centro, tivo por título ‘Descubrimos os ecosistemas intermareais, o hábitat do ourizo de mar”.
O SÁBADO, EXALTACIÓN
A saída de campo enmárcase no proxecto ‘Cervo a carón do mar‘, financiado polo Grupo de Acción Costeira (GALP) A Mariña-Ortegal. A Festa do Ourizo cumprirá o vindeiro sábado a súa vixésimo sétima edición.