IniciosociedadeO PSOE acusa ao PP de cargar sobre a veciñanza o arranxo...

O PSOE acusa ao PP de cargar sobre a veciñanza o arranxo do Pepe Barrera

O pleno aprobou unha modificación de crédito para que a obra no campo de fútbol ribadense "poda ser unha realidade este verán", asegurou o alcalde

Publicada o

- Advertisement -

A candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, criticou este xoves ao alcaldable do PP, Daniel Vega, por anunciar que de ser elixido acometerá “no segundo semestre do ano” o arranxo do campo de fútbol Pepe Barrera con cargo ao Fondo de Cooperación Local.

A socialista cre que a Vega “debera darlle vergoña” esixir ao goberno local que “gaste estes fondos no estadio municipal, cando este diñeiro corresponde aos veciños de Ribadeo pola súa participación nos tributos da autonomía. É un dereito en base a criterios obxectivos e non un regalo, como pretende dar a entender o PP”, resalta Rey.

A candidata do PSOE ribadense pregúntase “que clase de veciño de Ribadeo é para propoñer que sexan os veciños os que paguen o arranxo con cartos que son seus e non as institucións”.

rey cre que a Vega “debera darlle vergoña” esixirlle ao Concello que use o Fondo de Cooperación Local para a rehabilitación

Así, urxe a Vega a “defender os intereses dos ribadenses” e “pedirlle aos seus compañeiros da Xunta de Galicia que colaboren”, dado que “o orzamento da Administración autonómica é moi superior”. 

Rey lamentou que non acudise representación da Xunta de Galicia á reunión convocada polo Concello para atopar unha solución á necesidade de rehabilitación do Pepe Barrera.

Na xuntanza, goberno local e Deputación comprometéronse a achegar 140.000 euros por administración e instaron ao Executivo autonómico a facer “o mesmo” para custear un proxecto que alcanza os 421.000 euros.

A Xunta prometeu por escrito unha achega de 46.000 euros no 2019, considerada insuficiente polo Concello, e emprazou ao goberno local a utilizar o Fondo de Compensación.

MODIFICACIÓN DE CRÉDITO

O pleno ribadense aprobou nunha modificación de crédito para iniciar o procedemento de licitación e de trámite administrativo das obras no campo de fútbol, para que “isto poida ser unha realidade este verán”, expuxo o alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...