IniciosociedadeO sistema de localización de persoas LoPe será "gratuíto e inmediato" en...

O sistema de localización de persoas LoPe será “gratuíto e inmediato” en Mondoñedo

O Concello e a Cruz Vermella chegan a un acordo para reforzar o servizo, pensado para persoas con discapacidade ou deterioro cognitivo leve

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo e a Cruz Vermella acordaron potenciar o sistema de localización de persoas LoPe, que funcionará “de maneira inmediata e de xeito gratuíto” para as persoas que o precisen ou demanden.

LoPe é un servizo para familiares e coidadores de persoas con deterioro cognitivo leve ou discapacidade. No caso de necesidade proporciona atención inmediata a través dun xeolocalización por dispositivo GPS.

En concreto o servizo baséase na utilización dun dispositivo que permite a localización das persoas con deterioro cognitivo leve nos seus desprazamentos fóra do domicilio.

O familiar ou coidador será o encargado de poñer e retirar o dispositivo que, cargado e prendido, envía de forma automática a posición cada tres minutos. As persoas usuarias limítanse a levar o dispositivo cando saen do seu domicilio e son os familiares e coidadores os que acceden ás localizacións.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, e o secretario provincial de Cruz Vermella, José Luis Fernández Armesto, mantiveron este xoves unha reunión de traballo relativa a este sistema.

MÁIS DE CEN MAIORES DEPENDENTES

O Concello de Mondoñedo precisa que 28 maiores do municipio reciben atención psicolóxica e 56 foron atendidos en podoloxía, 16 no seu domicilio e 37 no centro.

Ambos os servizos están dirixidos aos 111 usuarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como persoas con dependencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...