IniciosociedadeO Ribadeo Indiano recadará fondos para equipar o hospital Hijas de Galicia...

O Ribadeo Indiano recadará fondos para equipar o hospital Hijas de Galicia de Cuba

O pleno ribadense aprobou a modificación da ordenanza medioambiental que posibilita a música en vivo en bares e pubs

Publicada o

- Advertisement -

A organización do Ribadeo Indiano, que forman Concello e Acisa, impulsará unha actividade a fin de recadar fondos para equipar o hospital materno Hijas de Galicia de Cuba. Os festexos dedícanse este ano ao país caribeño.

O pleno ribadense apoiou por unanimidade a proposta conxunta da oposición -PP, PSOE e grupo mixto- para incluír algunha iniciativa solidariaconcertos, mercados, poxas de arte, apertura dunha conta bancaria– nos festexos para axudar a paliar os danos ocasionados polo tornado que asolou La Habana en febreiro.

Na proposta incluíase instar ao Concello a dirixirse ás autoridades cubanas para informarse sobre a mellor forma de canalizar as axudas. Así, “despois de falar co cónsul de Cuba”, segundo precisou o alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, modificouse a moción para que a axuda sirva para dotar ao centro hospitalario “de novo equipamento, servizos e instrumentos”.

O furacán causou danos na instalación, ubicada na barriada de Luyanó, e provocou a evacuación inmediata dos pacientes e do persoal. O temporal derrubou teitos e paredes, rachou portas e fiestras e ocasionou danos nas redes de auga e electricidade, que o mantiveron pechado durante semanas.

Na súa iniciativa, a oposición lembrou que o hospital, coñecido agora como Diez de Octubre, levou o nome dunha asociación fundada no 1917 para apoiar ás mulleres galegas en situación de desamparo.

Riotortenses como Antonio Bouso e os irmáns José e Andrés Bargueiras formaron parte da directiva da sociedade Hijas de Galicia.

ACTUACIÓNS MUSICAIS NA HOSTALERÍA

Outra das propostas que saíu adiante por unanimidade foi a modificación da ordenanza medioambiental para posibilitar aos bares e os pubs, “para que poidan salvar esta circunstancia complicada que están padecendo en moitos concellos no que ten que ver coas posibles actuacións con música, amplificada ou non, dentro dos seus establecementos”, indica Suárez Barcia.

Ribadeo carece dunha ordenanza específica de ruído. Mentres non se aproba, o goberno local considerou “urxente” contemplar no artigo 80 da Ordenanza de Protección Medio Ambiental do Concello de Ribadeo a regulación das emisións acústicas dos locais de ocio como bares e pubs, para o cal se buscou unha redacción tomada doutros concellos galegos á hora de contemplar esta situación.

O que se buscou, sinala o Concello, é conciliar o tempo de ocio e descanso dos nosos veciños. “Queremos disipar todas as dúbidas, sabendo que os horarios, que os decibelios e os aforos deben ser cumpridos no que ten que ver coa súa actividade orixinaria, pero que a hostalería poder facer este tipo de actuacións”, expón o rexedor.

SUSO PEÑA, FILLO PREDILECTO

Outra das mocións que prosperou no pleno foi para o nomeamento de Suso Peña como Fillo Predilecto de Ribadeo.

A distinción para o ilustrador, xa falecido, era unha reivindicación do tecido asociativo ribadense.

LIQUIDACIÓN DO EXERCICIO 2018

Finalmente, aprobouse a liquidación do ano 2018. O exercicio pechouse cun resultado positivo de 1.300.000 euros, e na actualidade o remanente líquido de tesourería acumulada ascende a máis de 2.100.000 euros.

No pleno aprobáronse modificacións de crédito para o arranxo do Pepe Barrera ou para o impulso dunha actividade vinculada ao pequeno comercio que será presentada este venres.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...