IniciosociedadeO Mercado Renacentista de Viveiro celebrarase do 11 ao 14 de xullo

O Mercado Renacentista de Viveiro celebrarase do 11 ao 14 de xullo

O Concello asegura que haberá "concertos e exposicións" para afondar no "enfoque cultural" da celebración

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro deu a coñecer as datas do Mercado Renacentista, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo.

Trátase da décimo segunda edición dos festexos, que organiza o goberno municipal. O executivo municipal afirma que no 2019 “darase continuidade ao enfoque cultural que desde o 2018 se pretende dar a este evento”.

“REFERENTE NA MARIÑA”

Así, na programación incluiranse “exposicións, concertos e outras actividades que se desenvolverán ao longo de toda semana e que contribuirán a enriquecer esta cita, que xa se consolidou como un dos referentes socioculturais da Mariña Lucense”, remarca o equipo de goberno.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...