IniciosociedadeA Pontenova escriturará os terreos da residencia o día 26 e prevé...

A Pontenova escriturará os terreos da residencia o día 26 e prevé ter redactado o proxecto “este mes”

O goberno local adxudicou, cun importe de 145.000 euros, a restauración do forno da área recreativa de Boulloso

Publicada o

- Advertisement -

O Concello da Pontenova asegurou este venres que o vindeiro 26 de marzo escrituraranse os terreos necesarios para a construción da residencia de maiores. O goberno local prevé que a redacción do proxecto do xeriátrico conclúa “este mes“.

Así o afirmou o tenente de alcalde pontenovés, Francisco Martínez, que explica que o executivo municipal achegou xa 95.000 euros dos 120.000 comprometidos para a adquisición do solar, de 2.200 metros cadrados e ubicado na Chousa de Vilaoudriz.

Martínez sinalou que “estase a redactar o proxecto para a súa licitación e iniciar o proceso de contratación das obras“, un documento que espera que os técnicos rematen “nuns quince días“.

A construción da residencia, que ofrecerá 50 prazas, 20 delas de centro de día, suporá un investimento de máis de 1,5 millóns, cunha achega doutros 200.000 euros por parte do Concello e de 1,2 millóns do goberno provincial.

ÁREA RECREATIVA DE BOULLOSO

Outro proxecto sobre o que o Concello da Pontenova anuncia avances é o da posta en valor da área recreativa de Boulloso, onde se acondicionará a contorna ademais de restaurar un forno de comezos do século XX, similar aos de calcinación construídos con material das fábricas de Sargadelos.

Martínez asegura que o proxecto, cun custo de 145.000 euros, foi adxudicado nos últimos días á empresa Construnorte, Obras e Instalaciones, polo que prevé que as obras poidan comezar en breve.

POLÍGONO INDUSTRIAL

No tocante ao polígono industrial, Martínez sinala que “o Concello fixo todos os traballos correspondentes para a súa legalización” e agarda que a Xunta de Galicia inscriba os novos terreos no Rexistro de Planeamento para poder conceder novas licenzas ás empresas interesadas.

CRÍTICAS AO CANDIDATO DO PP

O tenente de alcalde saíu ao paso das críticas do candidato do PP á alcaldía da Pontenova, David Álvarez, que acusou ao Concello de manter ao municipio nun estado de “parálise”, sen proxecto turístico nin industrial.

O voceiro do PP debera coñecer toda esta información, pois o Concello traballa con absoluta transparencia. Ou minte ou demostra un absoluto descoñecemento da Pontenova ante as falsas acusacións públicas que fixo”, asegura Martínez, que afeoulle áo alcaldable conservador que “vén ao consistorio exclusivamente cando hai pleno“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...