InicioM.ambiente e PatrimonioO BNG expón en Bruxelas a situación do saneamento da ría de...

O BNG expón en Bruxelas a situación do saneamento da ría de Viveiro

Severino Salgueiro e Antonio Veiga participaron nunha xornada organizada pola formación nacionalista no Parlamento Europeo

Publicada o

- Advertisement -

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propuxo este xoves que unha delegación do Parlamento Europeo visite Galicia para comprobar o estado do saneamento da auga, facendo un percorrido polos ríos galegos.

Salientouno ao longo da xornada ‘O acceso á auga como dereito: Aplicación da normativa e execución dos fondos‘, que os nacionalistas organizaron na Eurocámara e na que unha delegación da Mariña Lucense explicou o caso da ría de Viveiro.

Segundo explicou a eurodeputada galega, esta sería a segunda fase da visita que unha delegación de eurodeputados e eurodeputadas realizaron a Galicia no ano 2013 a través da Comisión de Peticións da Eurocámara para analizar a situación das rías galegas.

Ademais de expoñer as situación concretas de cada zonas, os representantes das diversas plataformas galegas participantes na xornada de traballo, como Ríos Limpos, Auga Limpa xa!; Salvemos o Támega; Pladever, Contra a Ampliación da EDAR dos Praceres; en Defensa da Ría de Vigo CIES; e Polo saneamento integral da Ria do Burgo, propuxeron a celebración dun encontro destas entidades no mes de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente 2019.

O seu obxectivo radica en afondar as cuestións abordadas hoxe a fin de seguir facendo a presión suficiente que permita a rexeneración do medio.

Igualmente fixeron os representantes locais do BNG en Caldas de Reis, Manuel Fariña; Culleredo, Antonio Chouciño; Cee, Serxio Domínguez; Ames, David Santomil; Viveiro, Severino Salgueiro; e Verín, Diego Lourenzo, quen explicaron a situación das súas vilas no tocante ao saneamento e a construción das infraestruturas.

PERSPECTIVA EUROPEA

A conferencia tamén contou coas intervencións de Pablo Sánchez Centellas, da Iniciativa Cidadá Europea polo dereito á auga (European Public Service Union), Veronica Mandredi, Directora para a calidade de vida (da Dirección Xeral Medio Ambiente da Comisión Europea, DX ENVI); Paul Brotherton, de Living Rivers Coallition; Peter Gammelthof, Consultor experto en auga, ex director da Dirección Xeral ENVI; e Ruth Pérez, da Fundación da Nova Cultura da Auga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...