IniciosociedadeOs peregrinos estranxeiros superan "nun 10%" en Ribadeo aos do resto do...

Os peregrinos estranxeiros superan “nun 10%” en Ribadeo aos do resto do Estado

O Concello organiza, o 2 e o 4 de abril, unhas charlas para que as empresas se beneficien do Camiño Norte ou para que agromen negocios en torno á ruta

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo organizará un ciclo de charlas centrado no Camiño de Santiago e destinado tanto ás empresas que ofrecen servizos aos peregrinos como a aquelas persoas interesadas na apertura de novos negocios a partir do Camiño Norte.

As conferencias desenvolveranse os días 2 e 4 de abril, na casa do mar a partir das 17.30 horas e ata as 19.00.

O día 2, Melchor Fernández, do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), falará sobre ‘O Camiño de Santiago como eixo de dinamización local. A continuación, Oleg Lazovski, tamén do Idega, disertará sobre ‘O peregrino e a empresa local’.

O xoves 4, o escritor Antón Pombo ofrecerá un relatorio sobre o Camiño Norte, mentres que pechará as xornadas a conferencia ‘Café Camiño. O Camiño de Santiago como dinamizador do teu negocio’, charla patrocinada por Caixa Rural Galega e Where Is Galicia.

Os relatorios abordarán con comerciantes e empresarios “como poden adaptarse a esas necesidades que demandan os peregrinos, como mellorar os resultados económicos dos seus negocios ou que outras empresas se poden instalar arredor do Camiño de Santiago, deste atractivo turístico e dinamizador”, explica a concelleira de comercio e turismo, Ana Martínez.

DE MARZO A NOVEMBRO

A edil sinala que “Ribadeo é unha das portas principais de entrada do Camiño a Galicia. Inicialmente esta entrada facíase a través da ría, nas barquerías que trasladaban aos peregrinos de Asturias a Galicia. Nos últimos tempos faise a través da Ponte dos Santos”, explica.

Martínez asegura que “foi aumentando o número de persoas que percorre o Camiño, e na actualidade temos que destacar a visita dos estranxeiros que supera xa aos españois nun 10%”. Martínez sinala que “a partir de marzo e abril podemos empezar a ter aquí un número importante de peregrinos, ata finais de novembro”.

A edil sostén que “ante esta potencial oportunidade de negocio, o Concello quere presentar as posibilidades que ten o Camiño como un dinamizador da economía local que redunda arredor de practicamente case todo tipo de comercios; librerías, servizos médicos e de transporte, empresas de turismo, taxis ou farmacias. O peregrino é un potencial consumidor de case todo tipo de oferta”, argumenta.

ACTIVIDADES EDUCATIVAS

A concelleira de turismo e comercio lembra que está en marcha o proxecto Ribadeo co Camiño, que nestes días impulsa actividades cos centros educativos.

Presentan unha charla e despois farán diferentes rutas co alumnado dos centros de ensino para coñecer a parte urbá do Camiño por Ribadeo. Cos que son máis maiores farán o camiño dende Ribadeo ata a Igrexa Nosa Señora das Virtudes en Arante. Co cal estamos traballando dun xeito global na idea e na potencialidade do Camiño de Santiago en Ribadeo”, explica.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

E en abril, indica o goberno local, está previsto o lanzamento dun concurso de fotografía coa temática do Camiño de Santiago e co obxectivo de poñelo en valor ao seu paso por Ribadeo e ofrecer unha visión diferente do mesmo.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...