IniciosociedadeO Mercado da Primavera celebra o pasado labrego e os 125 anos...

O Mercado da Primavera celebra o pasado labrego e os 125 anos do Valadouro

A decoración e a roupa tradicional, cunhas zocas que brillaron pola súa variedade no desfile, levaron a vila máis de cen anos atrás no tempo

Publicada o

- Advertisement -

O décimo terceiro Mercado Tradicional da Primavera, organizado polo Concello coa colaboración da Deputación de Lugo, celebrou os 125 anos da vila do Valadouro

Ao longo da xornada de onte e hoxe, os veciños caracterizáronse con roupa tradicional, como as zocas, unha sinal de identidade deste sinalado mercado, e rememoraron o pasado labrego da vila. A celebración desta edición do mercado coincide co 125 aniversario da vila.

DIVERSAS ACTIVIDADES

Durante as xornadas puidéronse desfrutar de concertos, pasarrúas, ruta de tapas, exposición de zoqueiros, demostracións de oficios tradicionais, exhibición de baile, entre outras actividades. A vila tamén presentou decoración acorde coa temática do mercado, houbo demostracións de oficios tradicionais e ruta de tapas.

O peche desta edición correu a cargo de Susana Seivane e Ruxe-Ruxe, e tamén actuaron Miro Casabella o Zënzar, entre outros, nun evento que pregoou o actor e dramaturgo valadourense Manuel Lourenzo.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...