IniciosociedadeO Porta da Auga alerta da falta de alumnado nas ramas tradicionais...

O Porta da Auga alerta da falta de alumnado nas ramas tradicionais da FP, cunha alta saída laboral

O centro ribadense alerta de que non hai matrículas en ciclos medios coma o de carrozaría, cando "hai empresas que piden traballadores cada semana"

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga alerta de que “empresas de diversos sectores” solicitan “constantemente” á dirección traballadores de ciclos formativos nos que hai escaseza de estudantes, ou que xa non se imparten por falta de demanda, como carrozaría.

O xefe do departamento de electricidade, Benito Fernández, sinala que, mentres que “noutras especialidades de recente implantación si que hai moitas matrículas, o centro percibe desde hai anos “un descenso no número de alumnos das familias tradicionais da Formación Profesional, como mecánica, electricidade, carrozaría ou albanelería, que son as primeiras familias que se montaron na FP. Hai dotacións pero non alumnado”, lamenta.

Con todo, estas ramas teñen unha alta demanda laboral, indica o profesorado do Porta da Auga.

Grandes e medianas empresas de instalacións eléctricas en liña, de montaxe, de mantemento de centros de transformación, de estaleiros e construción de barcos, fábricas que aumentan a súa produción, están a pedirnos a alumnado de prácticas ou profesionais para traballar. Mesmo algunha chama todas as semanas, e non hai a quen mandarlles”, afirma Fernández.

TITULACIÓNS SUPRIMIDAS

O director do Porta da Auga, Isidro Berdeal, expón que “este curso, na familia de carrozaría, suprimiuse a oferta que tíñamos de ciclo medio por falta de alumnado, non alcanzamos o mínimo que esixe a Consellería de Educación. Con todo, os talleres seguen chamando, aínda sabendo que non temos ese ciclo este ano, porque necesitan profesionais tanto para esta área como para a de pintura”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...