IniciosociedadeConstituídas as comisións de seguimento da residencia de Ribadeo

Constituídas as comisións de seguimento da residencia de Ribadeo

O alcalde insta aos posibles beneficiarios do servizo a solicitar información sobre o mesmo nas dependencias municipais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo informou de que este venres quedaron constituídas as comisións de seguimento que supervisarán a posta en marcha da residencia. Delas forman parte o alcalde, Fernando Suárez Barcia, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, así coma técnicos de ambas institucións. 

O rexedor ribadense explicou que “seguimos traballando de maneira cooperativa, coordinada, honesta e da maneira que espera a cidadanía que traballen os políticos de diferentes administracións polo ben común e para os paisanos”.

Suárez Barcia expuxo que “hoxe tivemos este primeiro acto de constitución destas comisións que están establecidas nas ordenanzas que nós fomos dotando hai uns meses, que foron aos plenos dos Concellos e concretamente ao noso, e que tamén foron aprobadas por unanimidade, non houbo alegacións e son definitivas”.

“Esas ordenanzas establecen que hai que facer convocatorias de seguimento mixtas, xerais e agora estamos creando todo este entramado técnico que é necesario”, indicou.

INFORMACIÓN

O alcalde ribadense lembrou que “todos os interesados que queiran pedir información para vir aquí, para pasar os últimos días das súas vidas, con comodidade e todos os servizos nesta marabilla de centro de atención a persoas maiores, que o poidan xa facer, que vaian pedir información aos servizos sociais municipais, onde os atenderemos encantados”.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...