IniciosociedadeA Festa das Cruces de Arante xa é de Interese Turístico Galego

A Festa das Cruces de Arante xa é de Interese Turístico Galego

A Xunta recoñece a "antigüidade, singularidade, arranxo popular e valor cultural" da romaxe, que celebran sete parroquias de Ribadeo e Trabada

Publicada o

- Advertisement -

O Consello da Xunta de Galicia declarou a Festa das Cruces de Arante, en Ribadeo, de Interese Turístico Galego.

A celebración conmemora a vitoria dos veciños de sete parroquias de Ribadeo e Trabada –OveCovelas, Cedofeita e Arante, do municipio ribadense, e Sante, Vidal e Balboa, do trabadense- sobre as tropas de Napoleón durante a Guerra da Independencia.

“A antigüidade, singularidade, arranxo popular e valor cultural” da romaxe das Cruces valéronlle a distinción, segundo expuxo o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

A declaración vai aparellada a unha dotación económica para a celebración da festa, que alcanza os 3.000 euros.

BANDEO DO PENDÓN

No pasado mes de decembro, o Consello de Turismo de Galicia deu luz verde para a distinción da festa, que se celebra na ermida da Virxe das Virtudes. A veciñanza de cada unha das sete parroquias leva unha cruz e un pendón en peregrinaxe cara o templo.

No atrio ten lugar o momento máis vistoso da celebración, o bandeo do pendón. Un veciño, de xeonllos, dálle sete voltas de cada lado sen que a cruz que o coroa toque o chan.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...