IniciosociedadeA Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña celebra o seu...

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña celebra o seu 20 aniversario cunha gala benéfica

O evento será o sábado 4 de maio na Praza dos Campos de San Cibrao, cunha cea e varias actuacións musicais e teatrais

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña celebrará o sábado 4 de maio unha gala benéfica para celebrar os seus vinte anos de vida.

O evento, que terá lugar nunha carpa instalada na Praza dos Campos en San Cibrao, celebrarase a partir das 20.00 horas.

No evento participarán Arume, A Rebolaxe, Os Acordeonistas da Mariña e Tapy Öka, Foolmakers, un grupo formado por catro psiquiatras do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) que se xuntaron cun profesor de baixo da escola de música Fábrica de Sons para tocar, nun principio, nas jam sessions que a escola organizaba no Club Clavicémbalo.

Tamén actuarán as Izquierdo Sisters, dúo formado polas actrices Lucía Veiga e Marita Martínez, especialistas no uso do teatro para o desenvolvemento mental.

ENTRADAS Á VENTA

Xa están á venta os tiques nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo, na unidade residencial de Cervo (en horario de 10.00 a 14.00 horas), no Restaurante O Noso Lar (San Cibrao), na Farmacia O Parque (Burela), en Calzados Tomás (Burela) e na casa da cultura sancibrense.

O encargado de elaborar e de servir o  menú -a base de empanada caseira, lagostinos, carrilleiras, torta de San Marcos, viño, refrescos e café- será o Restaurante O Noso Lar.

As entradas  para adultos teñen un prezo de 30 euros e poderán recollerse ata o 25 de Abril. Así mesmo, haberá  ticket infantil por 10 euros.

Unha parte do custo da cea será destinada integramente ao labor realizado nos distintos dispositivos da asociación. Segundo expón a organización, no transcurso da gala haberá sorteos e máis sorpresas.

CONTRA O ESTIGMA SOCIAL

A directora técnica xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de servizos sociais, Pilar Armada, o presidente da entidade, Jorge Manchado, a familia da unidade residencial de Cervo presentaron o evento o pasado sábado.

Nóvoa agradeceu ao Concello de Cervo a súa colaboración, “contribuíndo sempre coa súa sensibilidade a visibilizar este colectivo e as enfermidades mentais, e a loitar contra un estigma social que aínda se detecta hoxe na nosa sociedade”.

“IMPLICADOS” NA SOCIEDADE

Pola súa banda, Villares valorou o traballo que está a desenvolver a asociación, cuxa unidade residencial está ubicada en Cervo, na Bidueira. “É un orgullo para nós ver como as persoas usuarias forman parte activa da vida de Cervo, contribúen xenerosamente a dinamizar o noso municipio, e se implican e participan en todas cantas actividades se programan”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...