IniciosociedadeFoz reclama á Xunta que acometa o mantemento do centro de saúde,...

Foz reclama á Xunta que acometa o mantemento do centro de saúde, en estado “deplorable”

O pleno municipal aprobou unha moción do PSOE, que critica que "verdines e mofos invaden a edificación"

Publicada o

- Advertisement -

O pleno de Foz aprobou o pasado xoves unha moción do PSOE para instar á Xunta de Galicia a que acometa tarefas de mantemento do centro de saúde focego, en estado “deplorable”.

Dende a súa construción e posterior ampliación, no exterior do edificio non se fixo ningunha labor de limpeza e mantemento. A vista están os desperfectos e os verdines e mofos que invaden a edificación, incumprindo as mais mínimas condicións de ornato que debe presentar calquera edificio público”, lamenta o PSOE local.

Así, os socialistas presentaron unha moción para “requirir da Xunta de Galicia unha valoración das deficiencias ou patoloxías que, o paso do tempo, ten provocado no edificio, instando ao Goberno galego a que efectúe as labores de mantemento necesarias no mesmo”, unha iniciativa que foi aprobada pola corporación.

“LABORES URXENTES”

Xa que o goberno de Feijóo, como acaba de anunciar, vai investir mais de medio millón de euros nunha obviedade tal como poñer rótulos que definan como públicos diferentes hospitais, mais prioritario debería ser facerse cargo de manter os edificios existentes que como no caso do centro de saúde de Foz, necesitan labores urxentes de mantemento”, expuxo o voceiro do grupo municipal socialista, Chema Linares.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...