IniciosociedadeVehículos clásicos, baloncesto e a orquestra Panorama animarán o Xoves Santo en...

Vehículos clásicos, baloncesto e a orquestra Panorama animarán o Xoves Santo en Lourenzá

O cuarto encontro de VespaFaba & Clásicos, que espera reunir uns 50 participantes, complementará o torneo Lourenzá en Xogo e haberá sesión vermú e verbena

Publicada o

- Advertisement -

Lourenzá acollerá o 18 de abril, Xoves Santo, a cuarta concentración de scooters, motos e coches antigos de VespaFaba & Clásicos, que amenizará a orquestra Panorama. O Concello de Lourenzá colabora coa entidade organizadora.

O evento, que coincidirá co torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, espera reunir a máis de 50 vehículos, procedentes de Galicia e Asturias.

INSCRICIÓNS

No encontro haberá xincana de scooters -con obstáculos e trampolín- con Vespa Lugo Equipo de Rescate, e os participantes comerán no campo da feira, onde se celebrará a festa da asociación Conde Santo.

Os interesados en anotarse poden facelo no teléfono 689.00.80.73, ao que se pode chamar ou tamén solicitar a inscrición vía whatsapp.

Cartel da reunión. AXM

OFERTA COMPLETA DE OCIO

A coincidencia no tempo co campionato deportivo, que xuntará equipos de toda a Península Ibérica, suporá unha oferta de ocio variada no municipio, o que subliña o presidente de VespaFaba & Clásicos, Fran Rivas.

O responsable da agrupación subliña que “a asociación Conde Santo tamén se implicou e fará unha sesión vermú e verbena á noite, na que actuará a orquestra Panorama. Así que vai ser un día moi interesante”, indica.

A alcaldesa de Lourenzá, a socialista Rocío López, comenta que “esta quedada traerá ó noso concello xentes chegadas doutras localidades. É unha Semana Santa que acollerá tamén, un ano máis, o torneo de basket feminino, no que participan equipos chegados de distintos lugares de España e Portugal. Vai ser unha ponte chea de actividades”, remarcou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...