IniciosociedadeSuárez Barcia acusa ao PP de "apropiarse" da declaración de Interese Turístico...

Suárez Barcia acusa ao PP de “apropiarse” da declaración de Interese Turístico das Cruces

Lembra que veciños, expertos e partidos participaron nun procedemento iniciado no 2017 e aféalle aos populares situar como "conseguidor" da distinción ao seu candidato

Publicada o

- Advertisement -

A declaración da romaxe das Cruces de Arante como Festa de Interese Turístico de Galicia vén seguida de polémica. O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, expresou a “súa satisfacción” polo recoñecemento pero lamentou “as malas formas do Goberno galego á hora de comunicalo”.

O rexedor criticou que o executivo autonómico non se dirixise “nin á mesa de traballo que elaborou a proposta, nin á corporación municipal”, e que a distinción se presentase a través do candidato do Partido Popular (PP) á alcaldía, Daniel Vega.

“A min daríame grima apropiarme tan burdamente do traballo de tanta xente e aparecer como un conseguidor de algo para o que nada fixo”, apuntou o rexedor.

O nacionalista tirou de ironía e refraneiro para criticar ao seu adversario político: “non se chega a Roma nun día”, concluíu.

DOUS ANOS DE TRAMITACIÓN

O recoñecemento da festa comezou a tramitarse en xuño de 2017. O pleno municipal aprobou daquela por unanimidade solicitar a declaración, que debe cumprir uns pasos fixados por decreto.

A proposta foi presentada á corporación por unha mesa de traballo constituída un mes antes para poñer en valor a romaxe, que conmemora a vitoria dos veciños de sete parroquias de Ribadeo e Trabada –OveCovelasCedofeita e Arante, do municipio ribadense, e SanteVidal e Balboa, do trabadense- sobre as tropas de Napoleón durante a Guerra da Independencia. 

O grupo de traballo formárono integrantes da Asociación O Formigueiro -o presidente Javier González López e a secretaria Azucena González Loredo-, o párroco Carlos Miranda Trevín, o historiador Emilio López Piñeiroa, a técnica municipal de turismo Begoña García López e representantes dos catro grupos da corporación: Ana María Martínez Fernández (BNG), Jesús López Penabad (PP), Aurora González Ginzo (PSOE) e Marta María Saiz García (Ciudadanos).

O colectivo encargouse de compilar a información precisa para acreditar o cumprimento dos requisitos necesarios para a declaración, e formalizar, en colaboración coa delegación de cultura, os trámites para obter o recoñecemento.

Así, elaboraron unha memoria explicativa que documentou o valor histórico e cultural, a singularidade e o arraigo da festa, que conta con case dous séculos de antigüidade e que se celebra fronte ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes, a carón do Camiño Norte de Santiago.

O informe foi sometido a avaliación do Consello de Turismo de Galicia. O órgano asesor da Xunta deu o seu visto bo para a declaración en decembro.

Con este respaldo, a solicitude chegou ao Consello de Goberno da Xunta de Galicia que, o pasado venres, declarou o evento de Interese Turístico Galego.

AUMENTO DAS AXUDAS

Este luns, a Delegación Territorial do goberno galego en Lugo convocou aos medios para valorar a distinción da festa mariñá, e tamén as outorgadas á Festa do Poldro e Gando de Monte de Muras e á Semana Santa de Lugo.

Rolda de prensa, coa presenza de Vega. AXM

Na comparecencia, Jose Manuel Balseiro estivo acompañado por Daniel Vega como “representante da organización” da romaxe –na mesa estiveron tamén o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o coordinador xeral da Xunta de Confrarías de Lugo, Ramón Basanta-.

Balseiro gabou os “esforzos públicos e privados” que confluén nestas celebracións e explicou que a declaración de Interese Turístico Galego suporá o incremento das achegas do goberno galego para a súa organización. As axudas pasarán dos 3.000 aos 7.500 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...