IniciosociedadeA violinista Rebeca Maseda pregoará as Quendas de Mondoñedo

A violinista Rebeca Maseda pregoará as Quendas de Mondoñedo

Os festexos, do 29 de abril ao 1 de maio, ofrecerán actuacións de Blas Cantó, A Banda da Loba ou o Combo Dominicano

Publicada o

- Advertisement -

Mondoñedo celebrará do 29 de abril ao 1 de maio as súas tradicionais feiras e festas das Quendas, que pregoará a violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Rebeca Maseda Longarela.

Miguel Souto, presidente da Asociación As San Lucas, entidade organizadora das festas xunto ao Concello e o colectivo Mondoñedo É…, asegura que o programa “é unha aposta pola tradición, polo produto de proximidade e pola nosa gandería”, pero tamén “un incentivo ao noso patrimonio cultural”.

O pregón (auditorio Pascual Veiga, 20.30 horas) abrirá os festexos o luns 29. A pregoeira comezou os seus estudos na Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo, e continuou a súa formación a nivel galego e internacional e colaborando con diferentes agrupacións de renome. Tamén participou no recital poético Mondoñedo é Poesía.

TRADICIÓN

O día grande das festas será o mércores 1 de maio, cando gocen de especial relevancia os produtos de proximidade e as razas de gando galego.

A mostra de gando cabalar comezará ás 9.00 horas no campo da Feira, recinto que este ano acollerá como novidade unha exposición de razas de exemplares autóctonos.

Na xornada grande tampouco faltará a trixésimo sexta Festa da Empanada, coa venda deste produto na Alameda e a súa degustación nos locais de hostalaría da cidade.

A esta actividade gastronómica súmanse a oitava edición da degustación gratuíta de carne de poldro galego, que durante as festas se poderá probar na Alameda e nos negocios hostaleiros da cidade, e o mercado de produtos do campo galego, que se celebrará tamén o día grande das Quendas.

Os amantes do motor poderán desfrutar da segunda xuntanza de vespas, lambrettas e clásicas, que tamén se celebrará o día 1.

Ademais, o primeiro de maio volverá Mondoñedo é Poesía, que converterá a cidade episcopal na capital galega do verso. Realizaranse diversos recitais e o acto central será no auditorio, a partir das 18.30 horas.

MÚSICA

No tocante á musica, o gran reclamo das Quendas 2019 será a actuación en acústico do artista murciano Blas Cantó (auditorio, 22.00 horas), ex vocalista de Auryn. As entradas están dispoñibles na plataforma Woutick.

No mesmo escenario, pero o mércores desde as 20.00 horas, A Banda da Loba, formación integrada por cinco mulleres, recreará un repertorio propio e que conta con musicalizacións de poetas da lusofonía.

En canto ás orquestras, Ritmo Joven e Tekila animarán a Alameda dos Remedios o día 30; o mércores 1 de maio, actuarán Principal e Combo Dominicano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...