IniciosociedadeQuince locais de Foz ofrecerán tapas na Semana Santa

Quince locais de Foz ofrecerán tapas na Semana Santa

A 16 edición da ruta gastronómica do Centro Comercial Aberto será do 18 ao 20 de abril

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz organiza do 18 ao 20 de abril a décimo sexta Ruta de Tapas.

Participarán na cita gastronómica, que coincidirá coa Semana Santa, 15 bares e restaurantes que ofrecerán as súas creacións desta cociña en miniatura en horario de 13.00 a 15.00 horas a mediodía e de 20.00 a 23.00 horas polas noites.

O presidente do CCA focense, José Carlos Paleo, sinala que “estamos ante unha ruta que xa é un clásico na Semana Santa de Foz. Queremos ofrecer unha alternativa gastronómica atractiva para as moitas persoas que pasan eses días na nosa localidade e nesta comarca e tamén para a veciñanza. Dá gusto ver o ambiente que se crea na vila”, afirma.

Cartel da ruta. AXM

DOUS EUROS O PETISCO

Na décimo sexta Ruta das Tapas participan A Bolera, Aroma Café, Bar 78, Bar O Pelolo, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña e Cafetería Restaurante Xoyma.

Tamén Espacio Machete, O Muelle Bar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. O prezo das tapas que se poderán degustar nestes locais será de dous euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...