IniciosociedadeSomos la Ostra regresa do 3 ao 5 de maio para exaltar...

Somos la Ostra regresa do 3 ao 5 de maio para exaltar o produto estrela de Castropol

O festival gastronómico, que contará con varias actividades paralelas, converteuse nun impulso económico e turístico para a zona

Publicada o

- Advertisement -
O Festival da Ostra de Castropol celebrará os días 3, 4 e 5 de maio a súa sexta edición. O Concello, que organiza a exaltación gastronómica en colaboración coa Consejería de Desarrollo Rural y Recursos Naturales, a través dos Fondos de Pesca da Unión Europea, e o grupo de Desarrollo Local Ceder Oscos-Eo, presentou o cartel da cita.

AMPLA PROGRAMACIÓN

Como en anos anteriores, Somos la Ostra desenvolverase cunha ampla programación que a organización detallará nos vindeiros días. Xa están na web municipal formularios para participar nalgunhas delas, como servizos de transporte en lancha pola ría de Ribadeo, actividades deportivas e paseos en canoa no estuario, Pequechef ou o habitual concurso de abridores do bivalvo.
Cartel da edición de 2019 de Somos la Ostra. AXM

SAÍU ADIANTE MALIA A MAREA VERMELLA

Na pasada edición, unha marea vermella a poucos días do evento estivo a piques de suspender a exaltación gastronómica, que con todo saíu adiante. Somos la Ostra converteuse nun importante revulsivo económico e turístico para a zona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...