IniciosociedadeA Xunta financiará a contratación de 27 mariñaos en paro para previr...

A Xunta financiará a contratación de 27 mariñaos en paro para previr incendios

O programa Aprol Rural achegará un total de 353.000 euros a trece municipios da bisbarra para que empreguen a persoas sen traballo durante nove meses a tempo completo

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria de axudas do programa Aprol Rural 2019, que permitirá a contratación de 27 desempregados na Mariña Lucense cun investimento de máis de 353.000 euros.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará o 100% dos contratos que realicen as entidades locais do rural galego, que terán que estar vinculados á realización de tarefas relacionadas coa xestión do monte e a prevención de incendios nas faixas secundarias.

Así, os beneficiarios do programa poderán realizar tarefas de silvicultura, limpeza de montes, xestión da biomasa, valorización forestal ou a planificación preventiva.

Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e a duración dos contratos será de nove meses a tempo completo.

Segundo expón o Goberno galego, o obxectivo do plan é proporcionar ás persoas sen traballo que habitan nos concellos rurais de Galicia -aqueles que non contan con ningunha zona densamente poboada a nivel parroquial- unha experiencia práctica e profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

PRIORIDADE PARA OS MUNICIPIOS “EMPRENDEDORES”

A Xunta subliña que este ano eliminou os límites de contratación por concello e deu prioridade tanto aos municipios con maior superficie forestal como a aqueles fusionados ao protocolo de entidades locais emprendedoras.

Ademais, remarca o Executivo autonómico, aumentouse a contía media por traballador, que este ano se sitúa nos 13.176 euros, preto dun 20% máis que o exercicio anterior, atendendo deste xeito tamén a subida establecida para o salario mínimo interprofesional.

Na Mariña Lucense, Mondoñedo, Xove e O Vicedo serán os municipios cunha maior achega, que superará os 50.000 euros e permitiralles contratar a catro traballadores. 

A MARIÑA Nº TRABALLADORES SUBVENCIÓN (euros)
MONDOÑEDO 4 52.088,40
XOVE 4 52.600,00
O VICEDO 4 51.247,80
CERVO 2 26.300,00
BARREIROS 2 25.089,66
OUROL 2 26.300,00
PONTENOVA (A) 2 26.300,00
VALADOURO (O) 2 28.091,34
TRABADA 1 13.022,10
ALFOZ 1 12.721,32
RIBADEO 1 13.150,00
LOURENZÁ 1 13.022,10
BURELA 1 13.150,00
A MARIÑA LUCENSE 27 353.082,72

 

MÁIS DE 500 CONTRATACIÓNS EN GALICIA

A nivel provincial, Aprol Rural 2019 destinará 1,5 millóns de euros para impulsar a contratación de 120 traballadores desempregados en 61 concellos rurais da provincia. 

No conxunto de Galicia destínanse en total sete millóns de euros que posibilitarán o emprego de 531 galegos sen traballo en 268 concellos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...