IniciosociedadeO PP de Ribadeo reclama á Deputación a mellora da estrada de...

O PP de Ribadeo reclama á Deputación a mellora da estrada de Vilela

Os populares solicitan a construción de dúas pasarelas exteriores na ponte de uso peonil, que "reducirían o risco de accidente"

Publicada o

- Advertisement -

O candidato do Partido Popular (PP) á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, reclama á Deputación de Lugo a mellora da estrada de Vilela, a LU-133.

O PP ribadense sinala que se trata “dunha reivindicación dos veciños”, e remarca que o grupo popular solicitou no pleno provincial do pasado 21 de marzo que se incremente o orzamento para investir nas estradas da rede viaria provincial.

Así, a petición dos populares de Ribadeo inclúe “o arranxo do pavimento, construción de beirarrúas, nova iluminación con renovación das luminarias e tamén dotala de papeleiras e de bancos”.

O candidato dos conservadores demanda ademais “a construción de dúas pasarelas exteriores na ponte, para que as persoas vaian camiñando por elas e así evitar algún risco de accidente”.

ACCESO AO CAMPO DE FÚTBOL

Vega explicou que a vía “ten moito tráfico rodado e peonil e pola que moitos xogadores da SD Ribadeo van adestrar ao campo de fútbol. Esperamos que a Deputación e o Concello non escollan a postura de perfil e que o goberno provincial invista na mellora desta estrada”, conclúe.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...