O colectivo Por Nuestro Faro reclama ao Concello de Ribadeo que clarifique “por que non hai acceso libre a Illa Pancha para veciños e visitantes”, cando “nos informes consta que o espazo “debe estar aberto ao público”.
A agrupación sinala que, logo de que a Valedora do Pobo atendese a súa demanda, “puidemos consultar os dous tomos do expediente sobre a licenza de apertura dos apartamentos da Illa Pancha”.
Por Nuestro Faro remarca que hai “máis de 15 documentos oficiais”, entre eles o da administración portuaria, que acreditan que Illa Pancha “non pode ser obxecto de concesión” e que debe estar aberta.
“O GOBERNO NON DEFENDE AOS RIBADENSES”
O colectivo critica que “a empresa concesionaria” do hotel “dispón, ao seu criterio, da chave dunha porta ubicada nun espazo público”, e aféalle ao Concello “non defender os intereses xerais dos ribadenses, pois se o fixese debera ser o primeiro interesado en clarexar esta situación”.