A concellería de medio ambiente de Burela abrirá o 18 de xuño o prazo para solicitar unha praza na Ocioteca. A data límite para inscribirse será o día 20, e atenderán as peticións nas dependencias do Ceip Virxe do Carme, en horario matinal. O goberno local fará pública a lista de admitidos o día 25.
O servizo funcionará do 2 de xullo ao 31 de agosto, de luns a venres -agás festivos- en horario de 09.00 a 13.00 horas. A Ocioteca ofrecerá 50 prazas, 25 para crianzas de tres a sete anos e outras 25 para nenos de entre oito e doce.
“Poderán participar nestas actividades un total de 50 nenos empadroados no noso concello que naceran entre o ano 2006 e o 2015. Terán prioridade se ambos proxenitores están activos laboralmente ou tamén os fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero”, explicou a edil, Noelia Ben.