IniciosociedadeLoureiro reclama ao PP "máis investimentos" en Xunqueira e "menos fotos" na...

Loureiro reclama ao PP “máis investimentos” en Xunqueira e “menos fotos” na campaña

A alcaldesa de Viveiro critica "o paripé" dos conservadores na Semana Santa cando o barrio que asulagara a riada "precisa de 500.000 euros para a súa reforma"

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, criticou este luns a actitude do Partido Popular (PP), a quen reclamou “máis investimentos” para paliar as consecuencias da riada que asulagou Xunqueira no pasado mes de novembro, causando a morte dunha anciá, e “menos fotos de políticos” durante a Semana Santa viveirense.

Tanto o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, como a presidenta do Parlamento na última lexislatura, Ana Pastor, visitaron a celebración, na que ex ministra e candidata ao Congreso polo PP pontevedrés comprometeu un museo da Semana Santa de Viveiro.

Loureiro lamentou este luns que “o presidente da Xunta, a presidenta do Parlamento e o deputado do PP pola provincia de Lugo só se acorden de Viveiro en campaña electoral e non viñeran, ningún de eles, cando sufrimos a riada no barrio de Xunqueira”.

É lamentable que durante esta semana desfilaran polo Concello varios cargos do PP, pedindo un museo para Semana Santa, cando non tiveron a dignidade de vir nin un día a Xunqueira a ver como estaban as máis de 40 familias afectadas pola catástrofe. Feijóo mandou á Conselleira de Infraestruturas porque debía de ter cousas máis importantes que atender”, expón a rexedora.

Loureiro denunciou que “todos eles, incluído Jaime de Olano, son conscientes da situación na que está o barrio”, afirma a alcaldesa, que lembra que Augas de Galicia achegou un informe hidrográfico no que “nos esixe tomar medidas e reconstruír a zona cun orzamento de 500.000 euros. É dicir, din que os viveirenses nos busquemos a vida porque eles non van colaborar economicamente. A Xunta do PP, unha vez máis, nin está nin se lle espera”, argumenta.

PIDE MÁIS IMPLICACIÓN DE AUGAS DE GALICIA

A principios deste mes, o Concello instou a Augas de Galicia a comprometerse na reconstrucción de Xunqueira, instando ao organismo autonómico a especificar “que obra cómpre facer” e tamén a financiar a mencionada reforma, dado que o Concello non dispón de medios económicos.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...