IniciosociedadeO Concello licitará o proxecto de reforma de Vista Alegre tras dar...

O Concello licitará o proxecto de reforma de Vista Alegre tras dar luz verde a LNFS

Coa licitación do plan de remodelación do recinto, o Pescados Rubén Burela FS podería acceder a unha prórroga para disputar os seus partidos da máxima categoría no municipio

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou este mércores que recibiu luz verde por parte da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) para a reforma de Vista Alegre, que aspira a adaptar o pavillón ás esixencias da normativa para os encontros da Primeira División, logo do ascenso á máxima categoría do Pescados Rubén Burela FS.

O goberno local expuxo á LNFS unha proposta de reforma con planimetría que satisfai as demandas da asociación. Tralo visto bo da agrupación, o Concello manterá unha xuntanza este venres cos técnicos municipais para acordar os termos de licitación do proxecto executivo da obra.

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, afirma que o goberno local “esperou polo visto bo da Liga Profesional porque non imos encargar un proxecto se non se adecúa ou puidera haber algún problema posterior” que privase ao primeiro equipo masculino laranxa de competir na Primeira División ao abeiro dos seus seareiros.

DÚAS FASES

Polo de agora, o rexedor non fala de orzamentos nin de prazos. Si avanza que a reforma realizarase en dúas fases. A primeira parte irá encamiñada a satisfacer as necesidades do Pescados Rubén Burela FS no tocante á normativa da LNFS.

Nesta primeira fase, colocaranse dúas gradas que poden ser recollidas de xeito parcial, o que favorecerá tamén que se poida utilizar máis espazo e celebrar outros campionatos deportivos dispoñendo de varias pistas simultaneamente. Tamén se habilitarán dous novos vestiarios, servizos sanitarios e un novo acceso á instalación.

Esta primeira fase podería realizarse en meses, polo que a intención é que executala en verán, de xeito que non se interrompa a actividade deportiva da entidade laranxa nin dos centros educativos, dado que, expón Llano, Vista Alegre “tamén funciona como aula de educación física. Polo tanto acordaremos con Educación, unha vez que estea rematado o proxecto executivo para licitar a obra, os prazos”.

No tocante á segunda fase, actuarase sobre os servizos da parte de arriba do recinto, como os baños e o bar.

SEGUIR COMPETINDO NA VILA

A licitación do proxecto de reforma de Vista Alegre permitiría ao Pescados Rubén Burela FS seguir competindo na vila na máxima categoría, pois a LNFS soe conceder prórrogas para que as instalacións se axeiten ás súas esixencias se hai unha proposta firme de remodelación ou de construción dun novo recinto sobre a mesa.

Así, segundo confirmou Llano, o primeiro equipo masculino da entidade laranxa podería competir en Burela “agás en partidos especiais, que requerisen dun aforo meirande que o que hai agora e que precisasen de espazo para a televisión”, expón.

NOVO PAVILLÓN

O Concello asegura que a súa intención segue a ser construír un novo pavillón, dada “a alta demanda e a cantidade de clubs deportivos que hai en Burela”. O obxectivo é que non só sirva para eventos deste ámbito senón tamén para concertos ou outro tipo de eventos sociais e culturais. 

Neste senso, o goberno local non chegou a un acordo cos propietarios do terreo municipal do Camiño dos Colexios, polo que a fórmula máis probable que se presenta para adquirir as parcelas é a expropiación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...