- Advertisement -
O Concello do Valadouro advertiu este luns de que desde o pasado domingo pola mañá faltan dous veciños da parroquia de Recaré, Primitivo Marrube e Celsa Chao, parella. Ambos teñen arredor de 80 anos.
Segundo informa o executivo municipal nun comunicado difundido a través das súas redes sociais, Primitivo e Celsa saíron da casa nun Citröen C4 gris.
Tanto o goberno local como a Garda Civil piden colaboración, xa que calquera dato que poida achegar a veciñanza pode ser valioso e urxente.