IniciosociedadeRibadeo denuncia e investiga pintadas a favor de Vox

Ribadeo denuncia e investiga pintadas a favor de Vox

Apareceron nos campos de fútbol Pepe Barrera e de Ove, no observatorio de aves de Reme e nunha marquesiña da Devesa

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, anunciou de que puxo en coñecemento do Xulgado da localidade e da Xunta Electoral da zona un informe elaborado pola Policía Local do seu municipio en relación coas pintadas “de Vox” que apareceron nos últimos días en diversos lugares do concello.

Segundo expuxo o alcalde, esas pintadas apareceron nos campos de fútbol Pepe Barrera e de Ove, pero tamén no observatorio de aves de Reme e nunha marquesiña do lugar da Devesa.

Aínda que serán tapadas pola Brigada de Obras municipal, aclarou o rexedor, o goberno local quixo poñer en coñecemento da autoridade xudicial correspondente a aparición “dunha serie de pintadas” na “última semana da campaña electoral, en favor dunha candidatura caracterizada pola súa homofobia, o seu racismo, polo seu machismo ou sectarismo. En definitiva, polo seu odio á diversidade“, concluíu.

Aínda que a Brigada de Obras xa retirou algunha das pintadas que foron aparecendo, especialmente nas inmediacións dos recintos deportivos, Suárez Barcia explicou que a “resposta” dos responsables “foron máis pintadas“.

INVESTIGACIÓN

“Decidimos deixalo ata esta semana e, a partir de hoxe, imos proceder ao seu tapado. Non obstante ordeneille á Policía Local que abrise unha investigación e recollese todas as pintadas que se foron facendo sobre o mobiliario e o patrimonio público, e todo iso foi enviado ao Xulgado e á Xunta Electoral”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...