IniciosociedadeO PSOE alerta de que a Xunta "recorta persoal" da ambulancia medicalizada...

O PSOE alerta de que a Xunta “recorta persoal” da ambulancia medicalizada de Foz

Os socialistas sinalan que os pregos do concurso público de transporte sanitario urxente reducen nun técnico de emerxencias a dotación do servizo

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE denuncia que a Xunta de Galiciarecorta persoal” da ambulancia medicalizada de Foz.

O secretario xeral dos socialistas na provincia, Álvaro Santos Ramos, advertiu de que no novo concurso público de servizos de transporte sanitario urxente, que está en fase de licitación, “o persoal de ambulancias de toda Galicia estará composto por dous técnicos de emerxencias, un médico e un enfermeiro, excepto nas ambulancias de Foz, Monforte de Lemos e O Salnés, onde o Partido Popular (PP) suprime un destes técnicos nos pregos”.

Santos Ramos expón que “este servizo atende patoloxías tempodependetes, é dicir, onde a vida dos doentes corre perigo, e con este novo recorte da Xunta de Galicia non se pode asegurar a calidade da atención ás persoas”.

CATRO OPERARIOS, “NECESARIOS”

O dirixente do PSOE lucense precisa que, “por exemplo, en caso dunha parada cardíaca, dun accidente de tráfico ou dun afogado son necesarios os catro profesionais para mobilizar ao usuario, colocalo na cadeira ou realizar as técnicas necesarias nese momento”.

Os socialistas lucenses indican que Foz “era unha das dez ambulancias medicalizadas e será a única que vexa recortado o seu persoal, mentres que Monforte contará cun novo servizo infradotado. Trátase dun desprezo máis do PP aos veciños de Lugo, un ataque á sanidade pública da provincia”, conclúe Santos Ramos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...