IniciosociedadeA oposición afirma que a Xunta "carece de valoración técnica" para recortar...

A oposición afirma que a Xunta “carece de valoración técnica” para recortar un TES da medicalizada

O PSdeG tacha de "arbitraria" a supresión dun dos dous técnicos do servizo e o BNG esixe ao Goberno galego que "rectifique de inmediato" esta medida

Publicada o

- Advertisement -

O PsdeG-PSOE e mailo BNG aumentaron este sábado a presión sobre a Xunta de Galicia para que anule o recorte dun técnico de emerxencias sanitarias (TES) da ambulancia medicalizada da Mariña Lucense, con base en Foz.

Os socialistas esixiron ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que se reúna cos traballadores do 061 afectados polo recorte de persoal para coñecer de primeira man as consecuencias da medida.

O PSdeG-PSOE demanda ao Partido Popular (PP) que “atenda ás demandas dos veciños e dos profesionais” e que paralice, de inmediato, a contratación ofertada polo Sergas que recolle a supresión dun dos dous (TES) que traballan no servizo.

O partido socialista denuncia que se trata dunha “decisión totalmente arbitraria”, que “carece de valoración técnica”, e que “discrimina inxustificadamente á Mariña Lucense e á provincia de Lugo. Non estamos a pedir que un servizo tan importante conte con máis dotacións, senón que non padeza máis recortes que deterioren a calidade asistencial”.

O secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos Ramos, lamenta o “nulo interese e compromiso” por parte do PP da provincia de Lugo para “solucionar este problema”, tras negarse a debater e aprobar unha proposta no pleno provincial pola que se esixía á Xunta anular os pregos de contratación.

“PERIGOSO AGRAVIO”

A deputada parlamentaria do BNG Olalla Rodil, xunto a outros membros do partido frontista, mantivo na tarde do sábado un encontro cos traballadores. Para os nacionalistas, o recorte trátase “dun novo ataque do PP á sanidade pública, e concretamente á atención sanitaria na comarca da Mariña”.

Rodil, no encontro cos traballadores. AXM

Rodil resalta que o TES “é unha figura chave” e expón que a supresión dun dos postos da ambulancia medicalizada suporía “un perigoso agravio co resto do país, donde o servizo seguirá contando cos mesmos efectivos humanos”.

Diante desta grave situación o Partido Popular e a Xunta deben rectificar de inmediato para impedir o que é xa o enésimo recorte na sanidade e na calidade asistencial na Mariña”, afirmou Rodil, que comunicou ao persoal do servizo que o BNG rexistrará no Parlamento galego unha proposta ao respecto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...