IniciosociedadeO documental do caso Carioca ou 'Deforme Semanal', nas xornadas sobre violencia...

O documental do caso Carioca ou ‘Deforme Semanal’, nas xornadas sobre violencia de xénero de Ribadeo

O día 10 proxectarase a peza audiovisual sobre a trama de prostitución e poderase ver o programa satírico de actualidade de Isa Calderón e Lucía Lijtmaer

Publicada o

- Advertisement -

A proxección do documental sobre a Operación Carioca e o programa satírico ‘Deforme Semanal‘ serán as dúas principais novidades que trae a décimo segunda edición das Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local, que organizarán os días 10 e 11 de maio a área de igualdade do Concello de Ribadeo e o Centro de Información á Muller (CIM) ribadense.

A temática do encontro leva este ano por título ‘Transitando nas marxes: a maior vulnerabilidade, maiores violencias.

OS PERIGOS DAS MARXES

A concelleira de igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, anunciou que “nesta ocasión o tema que imos abordar é poñer enriba da mesa as dificultades ou aínda máis as vulnerabilidades maiores que teñen aquelas mulleres, que son vítimas de violencia de xénero, con algún tipo de diversidade funcional, de discapacidade, mulleres maiores ou mulleres doutras etnias”.

A edil subliñou que “quixemos poñer enriba da mesa eses temas porque nos parece moi importante e porque este tipo de circunstancias aínda agravan máis estas situacións de violencia de xénero”. As xornadas desenvolveranse no Cine Teatro de Ribadeo o venres, día 10 de maio, desde as cinco da tarde ata as oito da noite, e o sábado 11 ao longo de todo o día. Todas as actividades son de balde.

Álvarez Lastra convida a participar a todas as persoas que o desexen porque “o máximo potencial que se lle pode sacar ás xornadas son as tertulias ou intercambios de información que se manteñen despois coas poñentes que veñen. Son persoas que teñen un amplo bagaxe”, indica.

A proxección do documental sobre a Operación Carioca ‘Benvidas ao club’, de Carmen PG Granxeiro, será o sábado (16.30 horas). Ese mesmo día tamén se poderá ver (19.30 horas) o programa de actualidade cultural e político ‘Deforme Semanal, que presentarán Lucía Lijtmaer e Isa Calderón. Trátase dunha maneira crítica e mordaz de abordar os temas do día a día. Estas iniciativas responden á intención da organización “de darlle un toque máis cultural e divertido”.

O envellecemento, a experiencia da etnia xitana ou a primeira acollida das vítimas de violencia de xénero son outros dos temas do encontro. Podes consultar o programa completo nesta imaxe.

Programa do evento. AXM

CARPA DE IGUALDADE

Ademais, volve por segundo ano a carpa da igualdade para as familias, para os adolescentes ou para as crianzas, na que haberá monitores especializados nesta temática, que contarán con material específico para pasar a tarde do sábado. Trátase tamén dun xeito de conciliar a asistencia ás xornadas co coidado dos pícaros.

Álvarez Lastra explicou que na anterior edición “a experiencia foi moi boa para que as familias, os menores e os adolescentes se acheguen alí, fagan determinado tipo de actividades tanto construíndo, contando, xogando, e se acheguen a materiais que existen relacionados co ámbito da igualdade. Vai haber profesionais especializados e material específico para traballar estas actividades desde as catro da tarde ata as oito e media da noite”, precisou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...