IniciosociedadeCatorce praias da Mariña locirán a bandeira azul, que recupera Abrela e...

Catorce praias da Mariña locirán a bandeira azul, que recupera Abrela e perde O Portelo

Foz, con cinco areais recoñecidos, lidera a bisbarra no número de certificados de calidade que concede Adeac

Publicada o

- Advertisement -

bandeira azul ondeará en 14 praias da Mariña Lucense, as mesmas ca no 2018. Apenas houbo dúas variacións nos distintivos que concede a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) con respecto ao anterior exercicio; recupera o certificado de calidade perdido no 2017 o areal de Abrela, no Vicedo, e pérdeo O Portelo, en Burela.

Foz, con cinco praias distinguidas, segue a ser o municipio mariñao con máis bandeiras azuis, para Areoura, Llás, PeizásAs Polas e A Rapadoira.

Ribadeo, Burela e O Vicedo obtiveron o distintivo para dúas das súas praias. O municipio ribadense ten recoñecidas a Os Castros-Illas e As Catedrais; o concello burelao contará co certificado de calidade para A Marosa e Ril; Xilloi e Abrela serán os areais con bandeira azul do termo municipal vicedense.

Cunha distinción mantéñense Viveiro (Area), Esteiro (Xove) e Cervo (O Torno). Barreiros, coa política de non solicitar as distincións durante os últimos anos ao considerar que non pode cumprir cos requisitos esixidos no tocante ao servizo de socorrismo, é o único municipio costeiro da Mariña Lucense sen bandeiras azuis.

MARINA VIVEIRO, SEN O DISTINTIVO

No tocante aos portos deportivos, o Real Club Náutico de Ribadeo renova o recoñecemento, que nesta ocasión perde Marina Viveiro.

o porto deportivo viveirense non gozará do recoñecemento, que si mantén o náutico de ribadeo

CENTROS AZUIS

No tocante aos centros azuis, o Centro de Educación Medioambiental Gaia e mailo Barco-Museo Reina del Carmen conservan a bandeira azul, ao igual que a carpintería de ribeira Asteleiros Fra, en San Cibrao.

SENDEIROS AZUIS

Abrela foi a gran beneficiada das distincións neste 2019, xa que Adeac concedeu a bandeira azul ao sendeiro que conecta o areal con Punta Socastro (Fuciño do Porco).

A ruta do litoral de Burela, O Torno e o roteiro do Faro de Illa Pancha ás Aceas, en Ribadeo, conservan o distintivo de sendeiro azul. Pérdeo o Paseo Ruta das Praias, de Foz.

a ruta das praias de foz non será sendeiro azul, unha distinción que obten a ruta da abrela a fuciño do porco

GALICIA, CON SEIS INSIGNIAS MENOS CA EN 2017

Segundo informa Efe, Galicia recibiu 107 bandeiras azuis, dúas menos ca no 2018 e seis menos ca no 2017. O conxunto do Estado perdeu 24 distintivos con respecto ao anterior exercicio, para pasar de 590 distintivos a 566.

OCCIDENTE DE ASTURIAS

No tocante ao occidente de Asturias, Castropol (Arnao) e Navia (Frejulfe) manteñen un areal con bandeira azul, que tamén locirá en Peñarronda, a medio camiño entre Tapia de Casariego e o municipio castropolense. Otur e Cadavedo (Valdés) conservan o distintivo.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...