Iniciosociedade(VÍDEO) Así traballa o Pesca 2 de Celeiro no rescate dun mercante...

(VÍDEO) Así traballa o Pesca 2 de Celeiro no rescate dun mercante de 132 metros de eslora

O Servizo de Gardacostas de Galicia colgou un vídeo dun simulacro realizado co buque de bandeira irlandesa Arklow Down

Publicada o

- Advertisement -

O helicóptero Pesca 2 de Celeiro realizou un simulacro de rescate co mercante Arklow Dawn. O Servizo de Gardacostas de Galicia mostrou as espectaculares imaxes nun vídeo que pendurou nas súas redes sociais.

Este tipo de adestramentos teñen a finalidade de preparar o servizo para unha posible misión nun buque das características do Arklow Dawn, de bandeira irlandesa e con 132 metros de eslora e 16 de manga.

Co base no heliporto Costa Norte -construído a finais dos anos 80 nas inmediacións do porto de Celeiro e que conta na actualidade con 4.000 metros cadrados de superficie-, o Pesca 2 é un dos helicópteros do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia.

PREMIO POLARIS

No ano 2017, a tripulación do Pesca 2 de Celeiro recibiu o prestixioso premio Polaris, recibido en Montreal, pola súa participación en rescates de alto risco.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...