A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activará a partir do mediodía deste mércores unha alerta laranxa por temporal costeiro que afectará os litorais da Coruña e Lugo.
Na Mariña, agárdase vento do oeste ou suroeste de forza 8 arredor de Bares e mar adentro. As ondas poderían alcanzar os cinco ou seis metros.
O 112 Galicia informou da situación adversa a concellos afectados, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil a fin de que adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
RECOMENDACIÓNS
A Xunta aconsella permanecer lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar
Ademais, recomenda a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas.
Pode ler a noticia completa en Galicia Confidencial.