IniciosociedadeAlerta laranxa na Mariña por vento e ondas de ata seis metros

Alerta laranxa na Mariña por vento e ondas de ata seis metros

A Xunta espera refachos de forza 8 e activará o aviso a partir do mediodía deste mércores

Publicada o

- Advertisement -

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activará a partir do mediodía deste mércores unha alerta laranxa por temporal costeiro que afectará os litorais da Coruña e Lugo.

Na Mariña, agárdase vento do oeste ou suroeste de forza 8 arredor de Bares e mar adentro. As ondas poderían alcanzar os cinco ou seis metros.

O 112 Galicia informou da situación adversa a  concellos afectados, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil a fin de que adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

RECOMENDACIÓNS

A Xunta aconsella permanecer lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar

Ademais, recomenda a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas.

Pode ler a noticia completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...