IniciosociedadeMuebles Almayo: "temos un servizo de decoración; se o cliente quere vestimos...

Muebles Almayo: “temos un servizo de decoración; se o cliente quere vestimos a estancia”

A moblería, que conta cuns 2.000 metros de exposición en Barreiros, sortea vales de desconto e un sofá entre os seus seguidores de Facebook e clientes

Publicada o

- Advertisement -

Muebles Almayo conta con arredor de 2.000 metros cadrados de exposición no polígono industrial da Cruz do Lobo, en Barreiros, onde a marca está plenamente asentada desde hai tres anos.

A ampla variedade de productos que ofrece e a atención personalizada son dúas das claves da continuidade do negocio, que Yolanda García, con quen falamos, e Alejandro Maseda puxeron en marcha en 2007.

P. Como definirías a vosa oferta?

R. Aínda que moita xente se queda sobre todo coa idea dos sofás, abarcamos todo, desde dormitorios, salón, auxiliar, decoración, colchóns, roupa de cama, alfombras. Temos todo o que se pode necesitar para unha casa, menos menaxe. E de todos os prezos, partindo desde o máis básico, que vendemos sobre todo para alquiler ou segundas vivendas, ata o que o cliente queira invertir.

“temos todo o que se pode precisar para unha casa menos menaxe. movemos moito moble infantil e xuvenil”

Tamén tocamos o moble infantil e xuvenil. Temos unha oferta moi ampla, en medias, cores e prezo. Facemos a distribución da habitación en función das necesidades de cada rapaz.

ESTILOS E TENDENCIAS

En canto a estilos, que ofrecedes e cal é máis novidoso?

Temos unha oferta variada, mobles con liñas máis clásicas outros máis modernos. Agora está en auxe o estilo industrial, sobre todo en pezas auxiliares. Son deseños de liñas minimalistas e nos que se empregan materiais como o cristal ou o metal.

A que ritmo cambian as tendencias no mundo do moble?

Todos os anos hai tendencias e feiras nas que escollemos os produtos que veñen para as tendas, aínda que temos que adaptarnos tamén ao público. Non todo o que entra ou está en voga gusta á xente, polo menos en principio. Hai que tratar de encontrar un equilibrio.

En liñas xerais, o público ao que nos chegamos sitúase nun espazo intermedio, non opta nin polo máis clásico nin polo máis moderno. E busca certa calidade no que merca, o que non significa sempre prezos elevados. Tratamos de ofrecer produtos cunha boa relación entre calidade e prezo.

PÚBLICO E PROVEEDORES

Cal é o voso público?

Vendemos sobre todo na zona da Mariña Lucense pero tamén no resto de Galicia e en Asturias. En maio pasado, adquirimos tamén unha moblería na Guarda, en Pontevedra, o que nos facilita servir mobles en toda Galicia. Pero tamén, máis esporadicamente, temos clientela doutros puntos, o mes que ven por exemplo levaremos mobles a uns clientes de Madrid.

De onde son os vosos proveedores?

Traballamos maioritariamente con fábricas españolas tanto en tapicería como en mobilario. A produción de moble concéntrase sobre todo no sur do España. Os nosos provedores son desa zona, Yecla, Lucena, etc. Tamén temos algún proveedor galego, sobre todo en colchóns.

Á hora de elixir os mobles, con que referencias chega a clientela á tenda?

Doutras casas, de revistas de decoración, e cada vez máis de búsquedas en Internet que, ás veces, complica o traballo na tenda porque a xente vén cunha idea preconcebida, fixa, e non tan predisposta a ver o que podemos ofrecer, a oferta que temos. Aquí, ademais do exposto, temos infinidade de catálogos nos que elixir.

“FACEMOS DESEÑOS EN 3-D PARA QUE A CLIENTELA POIDA VER COMO QUEDA O ESPAZO QUE QUERE AMOBLAR”

Tamén ofrecedes un servizo de decoración, como funciona?

Si. Cando o cliente chega, amosámoslle a oferta que temos, facemos un deseño en tres dimensións para que poidan ver como queda o espazo que queren amoblar e, unha vez que mercan os mobles e os instalamos, se o cliente quere, imos á casa e vestimos a estancia amoblada anteriormente. 

Levamos alfombras, colchas, cadros, lámpadas e outros obxectos de decoración. Facemos varias presentacións e, se lles gusta, xa queda todo listo. Temos tamén papel de parede e asesoramos en relación con iso ou coa pintura. Diso encárgase Susana Franco, que é decoradora. Leva con nos oito anos e atende tamén a tenda.

DESCONTOS

Tedes en marcha algunha promoción ou desconto?

Si, estamos facendo unha promoción a través da conta de Facebook. A xente que comparte e deixa un comentario entra de dez vales de desconto do 20%.

“estamos a facer unha promoción a través de facebook. os seguidores ENTRAN NO SORTEO DE vales de desconto”

Os clientes que fan unha compra superior aos 1.000 euros en tenda entran no sorteo do sofá. É unha promoción que puxemos en marcha o 6 de maio e que manteremos ata o 15 de xuño.

Como cambiou o negocio nos últimos anos?

Cada vez hai máis variedade, máis medidas, máis cores. Hoxe en día case todo vai á carta, ao gusto do cliente. É difícil ter “stockaxe”. Ademais, hai ferramentas novas para darse a coñecer como as redes sociais, que abren portas en lugares aos que quizais doutra forma non chegabas.

Como noutros sectores, tivemos o bache da crise. Xente que non viña coa intención de investir, que buscaba outra calidade de moble, pero esa situación foise remontando.

GRANDES SUPERFICIES

E a competencia de xigantes como Ikea, como se afronta?

É dificil, moi dificil. Non polos prezos, senon porque teñen unha promoción moi potente. A xente ve fotos e queda con esa referencia,  logo ven aquí algo exposto e rapidamente comparan: “isto haino en Ikea máis barato”.

Si, pero logo están a calidade, que é diferente, e sobre todo o servizo que se ofrece. Eu creo que a xente non valora nin bota contas do diñeiro que gasta en alquilar o coche para ilo buscar ou do tempo que ten que estar alí buscando as pezas e agardando.

“o servizo non ten que ver con ikea. nós encargámonos de todo E CANDO O EXPLICAMOS A XENTE DANOS A RAZÓN”

Nós facemos o pedido, vén para aquí. Se pasa calquera cousa pasa, aquí hai unha persoa que se fai cargo das reclamacións. En Ikea faltan pezas ou vén un moble golpeado, tes que coller, volvelo buscar. Ninguén vén a solucionarche nada.

Aquí non pasa iso, nos encargámonos de todo. Ese servizo que prestamos, antes e despois, non sempre está valorado. Temos que remarcalo, explicalo. É verdade que, se temos a oportunidade de facelo, a xente danos a razón.

COMERCIO LOCAL

Cantas persoas traballan con vós?

Ademais de Susana, que se encarga do servizo de decoración e que atende tamén na tenda, temos dous montadores, que se encargan de levar e montar os mobles nas casas.

Cales cre que son as fortalezas do comercio local?

Ofrecemos unha atención máis persoal, máis familiar. Escoitamos as súas necesidades ou as súas preferencias, e ofrecemos propostas e alternativas. Nas superficies grandes, o trato é máis superficial, máis frío. Á marxe diso, ofrecemos un servizo preto da casa, sen necesidade de grandes desprazamentos e xeramos posto de traballo, sexan máis ou menos. Se deixamos que o comercio local morra, isto queda todo sen vida.

“o comercio local ofrece unha atención máis familiar, cercanía ao cliente e xera traballo”

Falábasme dunha moblería na Guarda, está entre os vosos plans seguir ampliando o número de tendas?

Non, demos ese paso animadas por representantes e xente do sector que nos falou dela. Sabían que funcionaba ben e que se traspasaba o negocio.  Foi unha decisión que tomamos porque se deron as circunstancias, non algo planificado. Era unha moblería de moita tradición na localidade, e mantivemos a marca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...