Cervo prevé acabar en dous meses a mellora do Porto de Arriba, con 211.000 euros de investimento

O proxecto inclúe a mellora do pavimento, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a renovación da rede de saneamento da rúa do Porto de San Cibrao

Visita do alcalde e o edil de turismo ás obras. AXM

O Concello de Cervo anunciou o inicio das obras de mellora integral da Rúa do Faro, no Porto de Arriba de San Cibrao.

Os traballos consistirán na mellora do pavimento da rúa, eliminando barreiras arquitectónicas e renovando a rede de saneamento, independizando a recollida de augas fecais e pluviais e reemprazando as canalizacións existentes de fibrocemento por outras de PVC. 

Ademais, tamén se renovará a rede de alumeado público, substituíndo o tendido en superficie por unha canalización soterrada. A actuación supón un investimento de 211.000 euros e o goberno local prevé que estea rematada nos vindeiros dous meses.

HUMANIZACIÓN DA ZONA

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e o edil de obras, Plácido Pérez, supervisaron os traballos.

“Esta obra segue a liña de todos os proxectos que vimos acometendo no termo municipal, con tres premisas; a mellora da accesibilidade coa eliminación das barreiras arquitectónicas, a humanización da zona na que se actúa substituíndo os tendidos e a aposta polo saneamento, independizando as canles de recollida de fecais e pluviais”, asegura o rexedor. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here