Só A Mariña Lucense se libra das temperaturas dez graos máis elevadas do habitual no mes de maio que se están a rexistrar en Galicia debido á masa de aire cálido africano, cunha máxima que correspondeu a Ourense, con 34,7 graos.
O prognóstico é de valores similares para este martes, mentres que o mércores as baixarán levemente. A partir do xoves e o venres, en moitos puntos de Galicia as temperaturas caerán significativamente, nalgúns casos ata en 15 graos.
A excepción corresponde ao norte da provincia de Lugo. Na Mariña, debido aos ventos do este-noroeste, “non chegou a entrar a masa de aire cálido”, precisan desde Meteogalicia. “Van notar un cambio no estado do ceo”, conclúen para matizar que os valores térmicos non experimentarán oscilacións.
Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.