O programa Aberto x Vacacións, que impulsa o Concello de Foz nos meses de xullo e agosto, ofrecerá distintas actividades de ocio a nenas de tres a doce anos.
A delegación de xuventude focega abrirá o prazo de inscrición para este proxecto o 25 de xuño, e a data límite para anotarse será o 29. As prazas son limitadas e o custo é de 15 euros ao mes.
As actividades –kaiak, obradoiros, xogos na praia, roteiros ou inchables– desenvolveranse do 4 de xullo ao 22 de agosto, de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas, tanto nos areais, coma no campo de fútbol de Malates ou no Cenima.
MÁIS INFORMACIÓN
Os interesados poden obter máis información na casa da xuventude, situada na rúa Julia Minguillón, número 7; ou ben no número de teléfono 982.133.037; ou ben a través do correo electrónico xuventude@concellodefoz.es.