IniciosociedadeTrabada celebra desde este xoves xornadas de portas abertas na residencia

Trabada celebra desde este xoves xornadas de portas abertas na residencia

Os interesados en coñecer as instalacións do xeriátrico poden anotarse para as tres citas, o 16, 23 e 30 de maio

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada celebrará a partir do vindeiro xoves xornadas de portas abertas na residencia de maiores, que abriu o pasado 25 de abril.

O goberno local presentará o servizo a veciños e posibles usuarios os días 16, 23 e 30 de maio. Os encontros serán a partir das 11.00 horas e incluirán un acto lúdico e un xantar de confraternización.

Segundo expón o Concello, é preciso anotarse para coñecer as instalacións, “coa finalidade de ofrecer unha boa atención”. Anotan nos servizos sociais municipais, chamando ao número de teléfono 982.13.50.11. Quenes precisen transporte poderán ser recollidos nas súas aldeas.

“A idea é que os principais interesados, que son os nosos maiores, poidan coñecer o servizo, que é moi valorado polos usuarios. Faremos un paseo polas instalacións e despois haberá unha actividade coma as que soen facer os residentes habitualmente. Finalmente, comeremos todos xuntos a comida que preparan as cociñeiras, xa que sempre quixemos que fora así e descartamos que o xantar fose de cátering“, expón a rexedora, a socialista Mayra García Bermúdez.

DEZ USUARIOS E ONCE SOLICITUDES

Polo de agora, dez trabadenses desfrutan do servizo, polo que pagan unha media de 640 euros mensuais. Segundo indica a rexedora, fixéronse outras once solicitudes, algunhas desde outros municipios mariñaos como Alfoz ou Mondoñedo.

CONVENIO PIONEIRO

O xeriátrico conta con 30 prazas de residencia e 20 de centro de día. Catro xericultoras, tres empregadas de limpeza e dúas cociñeiras traballan no centro, ademais de persoal técnico tanto da Deputación de Lugo como do Concello. As prestacións de asistencia básicamanutención e limpeza foron encomendadas a Mensajeros de la Paz, mentres que a xestión ficará en mans das administracións.

A residencia de Trabada é, así, a primeira que abre das impulsadas a través dun convenio pioneiro entre os gobernos locais e a Deputación de Lugo.

As administracións local e provincial comprométense a cofinanciar unha parte das prazas para que os maiores con menos recursos teñan acceso aos servizos. Tamén se garante a prioridade para a veciñanza dos municipios, tendo despois preferencia os habitantes da comarca e, por último, os da provincia.

RIBADEO, CON 47 SOLICITUDES

O xeriátrico de Ribadeo podería ser a segunda en abrir das residencias deste convenio. Segundo informa o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, 47 persoas presentaron a súa solicitude para desfrutar do servizo.

O rexedor asegura que o traballo dos técnicos municipais e da Deputación está a ser “excelente” e prognostica que a residencia, con 50 prazas, abrirá “nas próximas semanas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...