Mondoñedo foi recoñecido pola Asociación de los Pueblos más Bonitos de España nun acto celebrado onte no auditorio Pascual Veiga, ao que asistiron a alcaldesa mindoniense, a popular Elena Candia, o presidente da agrupación, Francisco Mestre, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro.
“Cultura, historia, naturaleza, artesanía, gastronomía y literatura concentrados en un lugar de ensueño donde gozar de la vida”, destaca o colectivo sobre Mondoñedo, que deste xeito engrosa unha lista de 68 localidades españolas.