IniciosociedadeA Mariña terá "nos vindeiros meses" unha sala de agarda para as...

A Mariña terá “nos vindeiros meses” unha sala de agarda para as vítimas de violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta compromete no Parlamento galego o servizo, reclamado polos traballadores do xulgado de Viveiro por falta de comodidade e intimidade para as agredidas

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia habilitará “nos próximos meses” unha sala de agarda para as vítimas de violencia de xénero no Xulgados de Viveiro, logo de que traballadores advertisen no pasado mes de abril de que estas mulleres esperaban durante as horas para denunciar aos seus agresores nun espazo “indecente”, sen intimidade nin comodidade.

A deputada do PSdeG-PSOE, Patricia Otero, formulou unha pregunta no Parlamento galego á que respondeu o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, quen precisou que se está “en trámites co Concello” para a cesión administrativa do espazo que permitirá ampliar as dependencias xudiciais.

Rueda expuxo que este mesmo ano xa se prevé dotar do servizo a “doce sedes xudiciais, ás que se sumarán outras doce o próximo ano e doce máis en 2021″. A Xunta, sostivo, “en colaboración coas Unidades de Vixilancia de Sedes Xudiciais (UVEX), está actualmente identificando as necesidades para estender a adecuación de espazos ao maior número de xulgados posible”.

PP E PSOE ACÚSANSE DE PARALIZAR A OBRA

Rueda atribuíu a “falta de celeridade” en parte ao Concello, xa que, asegurou, “tardou catro anos para ceder os locais que eran necesarios para as obras. Unha pena”, expuxo, xa que, “de non ser así, xa estaría feita a obra“.

Otero afeoulle ao representante da Xunta esta afirmación e acusou ao Executivo autonómico de ter paralizado durante tres anos e medio o mencionado servizo, xa que, argumentou, en decembro de 2015 aprobouse un acordo plenario para a cesión á Consellería de Xustiza de varios habitáculos dun inmoble anexo co fin de mellorar as instalacións.

Así, a deputada socialista presentou unha pregunta oral no Pleno para reclamarlle ao goberno que formalice a cesión do inmoble do Concello na rúa Alfonso Pérez.

“UN ZULO”

Os funcionarios de Xustiza Marco López e David Díaz, membros da Mesa contra a Violencia de Xénero de Viveiro, denunciaron no pasado mes de abril que as vítimas de agresións machistas agardaban as horas que duran os trámites nunha sala destinada a arquivo, entre centos de carpetas de documentación usadas a diario polos traballadores, e cun mobiliario escaso, vello e suxo.

Os traballadores resaltaron da necesidade de dispor dun espazo propio que lles ofreza tranquilidade e anonimato, para evitar a súa exposición pública nos corredores e para impedir posibles intimidacións dos seus agresores -pois existe o risco de que se crucen no edificio- que as disuadan de denunciar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...