Sargadelos grava o seu primeiro spot

O anuncio conta coa participación dun cabalo de raza austríaca e pretende incidir na idea de que "non se trata de chegar primeiro, senón disfrutando"

Gravación do anuncio de Sargadelos. AXM

Sargadelos anunciou este xoves cun comunicado de prensa que está a filmar o seu primeiro spot publicitario.

O vídeo está protagonizado por Marina Li e o cabalo Melocotón, un exemplar de raza austríaca mobilizado expresamente desde Asturias.

Segundo expuxo a empresa, a idea que transmite o anuncio é que “non se trata de chegar primeiro, senón de chegar disfrutando”.

O PASEO DOS NAMORADOS, ESCENARIO

A peza audiovisual contén planos na fábrica, pero tamén secuencias polo Paseo dos Namorados e a presa do río Xunco. A gravación do spot mobilizou un equipo de 16 persoas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here