Opresidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, confirmou que en xuño comezará a funcionar a residencia de Ribadeo e que a próxima semana a de Trabada recibirá a outros doce internos, que se sumarán aos dez que xa están agora mesmo no centro, que abriu as súas portas hai unhas semanas.
Ademais, informou de que a xunta de goberno da institución provincial aprobou na súa reunión deste venres a contratación das obras de construción dunha nova residencia da terceira idade nesta provincia, concretamente no municipio da Pobra do Brollón.
En rolda de prensa, Campos confirmou que as obras foron contratadas por un importe de 1,4 millóns de euros, cunha rebaixa de 345.000 euros do orzamento de licitación, ademais de aclarar que a institución provincial achegará 1,2 millóns, mentres que os 200.000 euros restantes serán abonados polo Concello da Pobra do Brollón.
ESTE SÁBADO, A DE POL
Campos tamén confirmou que este sábado abrirá as súas portas a residencia de persoas maiores de Pol, que comezará a funcionar con trece internos, dos que dez son veciños do propio municipio e outro tres proceden de centros situados noutros concellos.