IniciosociedadeSerxio Pazos pregoará a Romaxe Viquinga, con máis protagonismo para o desembarco

Serxio Pazos pregoará a Romaxe Viquinga, con máis protagonismo para o desembarco

A recreación histórica, na que participarán figurantes da serie Vikingos, celebrarase os 26 e 27 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O actor Serxio Pazos pregoará a cuarta edición da Romaxe Viquinga do Vicedo, que se celebrará o 26 e 27 de xullo. O anuncio fíxose duran a presentación do evento na Casa da Cultura, onde se avanzaron algúns aspectos do programa.

O desembarco e a escenificación das batallas na praia de Area Grande, en San Román, elemento central da cita, reforzaranse para atender a crecente expectación que espertan.

Os artistas Henrique Queiman e Andrea Pousa, que volverán coordinar os espectáculos,  remarcaron que a representación “será máis destacada” despois da experiencia do ano pasado “con moitísimo público esperando a chegada do barco na area”.

FIGURANTES DA SERIE VIKINGOS

Tamén avanzaron que a localidade recibirá a visita dunha asociación irlandesa que participou na gravación da serie Vikingos e que coñeceron a cita a pasada edición.

Como novidades, destacaron que se “reforzará a sonorización” das actividades que se realizan durante o día e que se programarán “espectacúlos moi visuais”. Así, presentarán a produción “Terras de Queimada” na que escenifican a elaboración da mestura alcólica como un rito ancestral.

Os organizadores fixeron un chamamento “a implicación e participación dos veciños do pobo”, que se visten de época para completar a recreación histórica.

A Romaxe Viquinga evoca un asentamento viquingo. O evento comezou a organizarse tras unhas excavacións arqueolóxicas nas que se localizaron indicios do paso polo litoral de poboadores do norte de Europa nas súas expedicións marítimas cara o sur da Península.

“MÁIS POSTOS DE COMIDA”

Na presentación, o alcalde vicedense, Jesús Novo, explicou que o programa está pensado para “chegar á maior xente posible” e que os visitantes “permanezan máis tempo”. O rexedor avanzou que se instalarán máis postos de comida para que os romeiros non “marchen ao mediodía”.

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que a cita está axudando a que o municipio “despunte como destino turístico nos últimos anos”.

Henrique Queiman, José Manuel Balseiro, Jesús Novo e Andrea Pousa na presentación do evento

PRESENTACIÓN NO COLEXIO

Previamente, entregáronse os premios ás gañadoras do Concurso de Debuxo Infantil Romaxe Viquinga do CEIP do Vicedo, Daniela Vale Martínez e Ana González Fra. As alumnas recibiron un lote de libros, ademais de material escolar que tamén recibiu o resto dos nenos e nenas do centro.

Ademais, presenciaron unha performance coa proxección dun vídeo sobre o evento e unha actuación de Queiman e Pousa.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...